"Cantar é unha forma de ofrecer de aproximarmonos, de coñecermonos, de entender que o futuro cultural da nosa terra pasa polo afianzamento dos lazos que nos unen: a lingua e cultura comúns. Convidarei nesta edición de Musidanças a algúns artistas destes teritorios lusófonos cos que xa compartin escenario e uniremos as nosas voces luso-brasileiras, luso-africanas e luso-galegas para constatar que existe esa vontade e que eses cantos poderán ser o ponto de partida para unha unidade pan-lusófona onde Galiza tamén estará presente. Seguiremos xuntos os trazos, as pegadas desta nosa lingua partindo da súa orixe, da literatura galaico-portuguesa medieval e dos grandes iconos da literatura culta e popular deses países lusófonos. Oxalá poida perpetuarse esta proximidade, se normalize esta relación de afecto que sempre existiu e fagamos votos para unha comunicación máis fluída e desperxuizada, para sentírmonos parte da mesma raíz lingüística e histórica. Nunca camiñaremos en solitario, neses territorios aínda por descubrir..." Uxia
"Seremos muitos, seremos alguem..." Zeca Afonso
"… Voces que regresan, que volven a porto . Voces que un día partiron deste país e que a maré nos devolve cumprindo unha antiga lei do mar…"Carlos Santiago
"… Voces que regresan, que volven a porto . Voces que un día partiron deste país e que a maré nos devolve cumprindo unha antiga lei do mar…"Carlos Santiago